martes, 15 de enero de 2013

Cronica

Que se pode contar dunha ruta mais de Paso Miúdo, que o resto dos sendeiristas deste club non saiban. Pero para os que non puideron asistir a este encontro, cóntolles un pouco.

Para entrar en calor, que nos cadrou un dia feo, pero coas boas caras fíxose bastante agradable, amena e mais corto do que andamos.

O mais destacado da pateada, que parece incrible que aínda non a levara a auga das riadas, unha pequena ponte, que mais que ponte parece resto de camiño, pola herba e musgo que ten encima, que desde ela, tanto mires para riba ou para baixo, podes ver correr as fermosas augas do Río Ouro.

Para pena da ruta un pequeno muíño moi ben construído, coa súa pedra de moer e o seu canal de auga, peor por desgraza, abandonado e medio derrubado. Pero dende logo para a miña opinión, repito, e unha pena moi grande que algo que temos tan importante que foi para os nosos antepasados, e que tanto que lles debeu dar que facer, que ninguén faga algo para conservalos.

Parece mentira, pero nunca oirá falar do que lle chaman a " casa das neves", dise que era alí onde conservaban a carne de inverno, botándolle neve por encima. Por suposto para non variar abandonada e tapada pola maleza.

Mais o alto a pequena cova, onde disque se refuxio un cura escapado. Chegado o río un pequeno inciso pola auga que leva o río que, non se podía cruzar, unicamente mollándose, pero algúns e eu no medio libramos pasando no aire. A partir dese punto e falar un pouco con uns cazadores que pasaban por alí , uns tomaron a decisión de marchar e outros fomos mirar o monte dos acivros, "QUE NOS DEU MOITO QUE ATOPAR PORQUE NON SE PODIA CRUZAR O RIO"

En todo o percorrido dúas garzas que debían andar de caza polo río a diante, e dende logo vacas pintas e marelas, supoño que dos lugareños.

Como non, unha comida despois da pateada, e sobre todo a xuntanza para entre todos comentar as anécdotas da Ruta da Furna.

Noe Fernández Rolle